miércoles, 20 de febrero de 2013

COMUNICADO DO CSO LICEO


Dende a asamblea do xa desaparecido CSO Liceo queremos comunicar o cese de toda actividade no mesmo, dende  o xoves 31 de xaneiro,os motivos son os seguintes:
A persoa representante dxs propietarixs  do inmoble chegou, nun momento no que non había nadie no edificio, acompañada dos medios, dos traballadores dunha empresa contratada anteriormente e da policía local de Pontevedra, para colocar unas planchas de aceiro nas principales entradas do CSO.
A representante non so tapiou os principais accesos, senon que retirou do inmoble varias das nosas pertenzas. E todo isto co proceso penal aberto, sen orde do xuiz.
Ante isto nós tiñamos unha solución ben doada, denunciar, gañar tempo, e de paso tentar sacar da porta por una larga tempada a toda a madera (que xa levaban tempo enriba nosa). A pesar disto, na asemblea de urxencia que convocamos, saíron á luz os pensamentos que viñamos tendo nos últimos tempos. É dicir, a falta de ánimo para seguir coa okupación, por mor dos poucos que eramos (menos que ó principio), os conflictos internos e a falta de organización.
A pesar disto, dos erros que puidemos ter, dos conflictos coa policía local ou do acoso por parte do concello de Pontevedra, cabe destacar a boa experiencia que o CSO Liceo foi para todxs nós, e agardamos que tamén para vós, e sentímonos orguiosxs de crear, durante estes 10 meses un espacio liberado na vila de Marín.

Saúde

sábado, 19 de enero de 2013

XORNADA ANTICARCELARIA


O vindeiro Sábado día 26 levarase a cabo unha xornada anticarcelaria no CSO Liceo.
-Ás 17:00 horas proxectarase o documental "Presxs da democracia".
-Á finalización do documental levarase a cabo un debate sobre a temática do mesmo, así como sobre o sistema carcelario en xeral.
-Para finalizar o día celebrarase un concerto a partir das 21:00 horas, actuarán "Involución" (trashcore de Marín) e "Carcomedhi" (crust dende Nigrán).
Agardamos a vosa asistencia.

martes, 20 de noviembre de 2012

APOIO Ó C.S.O. CASA DO VENTO

O C.S.O. Casa do Vento, en Compostela, dá a voz de alarma, xa que unha constructora iniciou as obras dunha urbanización de luxo, que entre outras desfeitas levaría por diante dito centro social. Dexámosvos un texto copiado do seu blogue:

"A día de domingo continuamos coas permanencias e espérase que mañán as máquinas comezarán a súa desfeita a primeira hora poñendo en risco o proxecto da horta.
Dende a casa facemos un chamamento a vir botarnos unha man mañán pola mañán,e se non, estar alerta para acudir no momento no que sexa necesario para que sexamos moitas, co fin de paralizar esta obra que forma parte dun plan urbanístico que especula e busca a destrucción do entorno do Sarela.
A rasgos xerais, Verde Urbán ten proxectado construir unha chea de vivendas de luxo tildadas de verdes vendéndoas con esloganes como «proxectamos unha forma diferente de vivir, composta de espazo, terra e aire». Para iso, mercaron propidades sen medo, deixaron caer casas para construir sobre elas e intentan convertir unha zona rural cunha veciñanza de sempre nun lugar de «relax» e paseo que consideramos exclusivo para quen ten cartos.
Na parte que toca ao centro social, hai proxectada a construcción de varias vivendas e un camiño de aceso a elas, que segundo os traballadores cos que falamos pretenden comezar para non perder a licenza de obra, pero nin sequera saben se a seguirán neste momento, din que «nun par de anos…». Ademais, entre outras cousas e polo de agora sacaron do seu sitio e desfixeron un cruceiro de pedra polo que segundo un veciño se interpuxo unha denuncia (non temos toda a info), sacaron unha maceira do seu sitio,… Vamos, en definitiva, que creemos que o están facendo de xeito bastante trapicheiro, e co descontento da veciñanza, e claro, tamén do noso.
Infórmate, difunde e achégate contra a especulación inmobiliaria e a defensa dos espazos autoxestionados!"

Deixamos tamén a dirección do blogue do C.S.O. Casa do Vento, ademáis, claro está, de chamar á solidaridade para axudar no que sexa posíbel a este centro social autoxestionado:
http://casadovento.blogaliza.org/

miércoles, 7 de noviembre de 2012

PRÓXIMAS ACTIVIDADES




Informamos das próximas actividades que se celebrarán no CSO Liceo.
O vindeiro sábado día 10 de Novembro ás 18:00 terá lugar unha charla sobre o abuso do ritalín durante a infancia, que estará integrada nas "xornadas anarquistas itinerantes galegas, Novembro negro". 
Deixamos un pequeno resumo dos contidos:

"A ritalinización da infancia. Abuso de estimulantes no tratamento do TDAH, por Lois, farmacéutico, membro da Xuntanza Antiprohibicionista
O compañeiro Lois acercaranos a esta problemática que, para a maior parte da xente, resultará descoñecida, o control por parte do Estado das mentes dos individuos producida de maneira máis agresiva e atinxindo aos primeiros estados das nosas vidas. Explicaranos que unha das formas que asume é a patoloxización do comportamento distinguido ou molesto. O que hoxe chamamos "problemas" cos meniños e meniñas acostumaba a se aceptar como trazos normais da infancia. O meniño impulsivo, espontáneo ou audaz é diagnosticado como hiperactivo (TDAH), e se lle administran remedios como o Ritalin para domalo. Debatiremos se non se abusa do Ritalín para refrear a meniños e meniñas dinámicos que non teñen realmente tal trastorno, senón que moitas das características que se din ser sintomáticas desa suposta doenza non son outra cousa que a defensa dos miúdos contra unha vida demasiado estruturada."

E a partires das 22:00 terá lugar un concerto cós grupos "Bonnie,s Garage" (grunge-Vigo http://www.myspace.com/bonniesgarage) e Takikardia (ska-punk, Barcelona  http://es.myspace.com/takikardiagrup).
Ademáis ó longo dos vindeiros días trataremos de poñer en marcha un obradoiro de teatro, e outro de percusión, polo que agradeceríamos que ós interesados en participar en cada un deles nolo comunicasen ó seguinte correo electrónico:  csoliceo@hotmail.com

Un saúdo





lunes, 29 de octubre de 2012

NOITE DE SAMAÍN NO CSO LICEO

Este mércores día 31 de Outubro a partires das 23:00 terá lugar no CSO Liceo unha festa de temática horror na noite de samáin. Traede os vosos disfraces horrorosos, o máis orixinal terá premio!!
Tamén se realizará o sorteo dun "paquete bomba" que temos preparado, a música correrá a cargo de "Dj Muerte" e "Dynamita Dj", agardamos a vosa asistencia!!!.

martes, 23 de octubre de 2012

MAGOSTO POPULAR NO CSO LICEO

O vindeiro venres día 26 de outubro celebraremos no CSO Liceo o noso "Magosto popular".
A partires das 20:00 horas haberá castañada de balde para todo o mundo, e a partires das 22:00 celebrarase un concerto (tamén de balde) coa actuación dos grupos "Reductorxs de cabezas" (punk hardcore - Vigo http://reductorxs.blogspot.com.es ) e "Vulkano" (rock, Sanxenxo http://www.myspace.com/vulkanovulkano).
Estades todxs convidadxs!!