lunes, 21 de mayo de 2012

REESTRUCTURACIÓN DAS ACTIVIDADES PERMANENTES


Debido a diversos motivos (un de eles a inclusión de novas actuvidades) tivemos que reestructurar o calendario de actividades permanentes. 
Os obradoiros de malabares e teatro quedan para os martes, cabe destacar que no obradoiro de teatro, ademáis de aprender trazos básicos da interpretación, iremos ensaiando unha obra que finalmente interpretaremos cara o público, non te cortes e únete.
O obradoiro de expresión corporal e danza contemporánea queda, tal e como estaba, os mércores.
Para os xoves tivemos que eliminar temporalmente as proxeccións de documentais, pero engadimos o novo obradoiro de costura.
Cada dous venres, coma sempre, temos a asemblea aberta a todo aquel que desexe participar.
A proxección infantil e a feira de troco seguen igual, sábado e domingo respectivamente.
Finalmente hai que dicir que case seguro que comezaremos nas vindeiras datas con clases de ioga, ademáis de retomar, en canto poidamos, coas proxeccións de documentais.
Un saúdo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario