miércoles, 8 de agosto de 2012

VACACIÓNS DO OBRADOIRO DE EXPRESIÓN CORPORAL

Informamos de que o obradoiro de expresión corporal e danza contemporánea pecha durante Agosto por vacacións, informarémosvos da súa volta (probablemente en Setembro).
Coa pausa deste obradoiro quedamos sen actividades permanentes durante este mes de Agosto (os encargados dos obradoiros gañáronse unhas merecidas vacacións).
Se alguén quere contactar con nós pode vir os Luns entre as 19:00 e as 23:00, que será o horario de permanencias para este mes de Agosto. Tamén podedes contactar con nós escribindo ao seguinte correo: csoliceo@hotmail.com.
Así mesmo comunicámosvos que temos xa en funcionamento a biblioteca, quen queira pode levar un libro para ler, anotándoo no rexistro e devolvéndoo ó rematares.
Tamén temos que informarvos que estamos preparando novas actividades e eventos para o vindeiro mes de Setembro, informaremos neste blogue.

Un saúdo

CSO Liceo

No hay comentarios:

Publicar un comentario