martes, 26 de junio de 2012

CONCERTOS NO C.S.O LICEO


Nas vindeiras 2 fins de semana terán lugar no C.S.O. Liceo os seguintes concertos:
-O Sábado día 30 de Xuño a partir das 22:00 tocarán os Solfabirras (punk-rock dende Pontevedra). Tra-lo concerto haberá pinchada de música anti-SGAE.
-O Venres día 6 de Xullo a partir das 22:00 terá lugar un concerto presentación do novo CD de Insolbentes "Aprieta". Tocarán os mesmos Insolbentes (punk dende Aldán) e Mortos en Vida (tamén punk dende Aldán).
Non os perdas!!!!

ACTIVIDADES DA SEMANA


Colgamos o cartaz coas actividades das seguintes 2 semanas. Como actividades destacadas teremos o concerto dos Solfabirras este sábado día 30, e o venres día 6 de Xullo teremos o concerto de Insolbentes e Mortos en Vida, no cal Insolbentes presentarán o seu novo CD.

jueves, 21 de junio de 2012

CAMBIO NAS ACTIVIDADES PERMANENTES

Có motivo da chegada do verán  anúlanse o obradoiro de costura, o de malabares e a proxección de cine infantil, debido á falta de tempo das persoas encargadas. Seguen en pé os obradoiros de expresión corporal e o de teatro. Un saúdo.

martes, 12 de junio de 2012

CHARLA COLOQUIO SOBRE A ESCOLA LIBRE RUKA INCHE

Este Venres día 15 a partires das 21:30 terá lugar no CSO Liceo unha charla-coloquio que inclúe a proxección dun documental sobre a escola libre chilena "Ruka Inche". A charla terá lugar a cargo dun dos participantes na construcción da mesma, e tamén tratará sobre a actual situación do pobo mapuche. Agardamos a vosa asistencia.

CARTAZ SEMANA


Colgamos o cartaz coas actividades desta semana, agardamos a vosa asistencia.

miércoles, 6 de junio de 2012

CARTAZ ACTIVIDADES DA SEMANA


Colgamos o cartaz coas actividades da semana, que neste caso se resumen ás actividadees permanentes.
Un saúdo!!

lunes, 4 de junio de 2012

ANULADA A FEIRA DE TROCO

Tras moitos domingos organizando a feira de troco  no portal do CSO Liceo decidimos dar por concluída a actividade. O principal motivo é a escasa asistencia que estaba a ter nestas últimas semanas. Un saúdo.