martes, 20 de noviembre de 2012

APOIO Ó C.S.O. CASA DO VENTO

O C.S.O. Casa do Vento, en Compostela, dá a voz de alarma, xa que unha constructora iniciou as obras dunha urbanización de luxo, que entre outras desfeitas levaría por diante dito centro social. Dexámosvos un texto copiado do seu blogue:

"A día de domingo continuamos coas permanencias e espérase que mañán as máquinas comezarán a súa desfeita a primeira hora poñendo en risco o proxecto da horta.
Dende a casa facemos un chamamento a vir botarnos unha man mañán pola mañán,e se non, estar alerta para acudir no momento no que sexa necesario para que sexamos moitas, co fin de paralizar esta obra que forma parte dun plan urbanístico que especula e busca a destrucción do entorno do Sarela.
A rasgos xerais, Verde Urbán ten proxectado construir unha chea de vivendas de luxo tildadas de verdes vendéndoas con esloganes como «proxectamos unha forma diferente de vivir, composta de espazo, terra e aire». Para iso, mercaron propidades sen medo, deixaron caer casas para construir sobre elas e intentan convertir unha zona rural cunha veciñanza de sempre nun lugar de «relax» e paseo que consideramos exclusivo para quen ten cartos.
Na parte que toca ao centro social, hai proxectada a construcción de varias vivendas e un camiño de aceso a elas, que segundo os traballadores cos que falamos pretenden comezar para non perder a licenza de obra, pero nin sequera saben se a seguirán neste momento, din que «nun par de anos…». Ademais, entre outras cousas e polo de agora sacaron do seu sitio e desfixeron un cruceiro de pedra polo que segundo un veciño se interpuxo unha denuncia (non temos toda a info), sacaron unha maceira do seu sitio,… Vamos, en definitiva, que creemos que o están facendo de xeito bastante trapicheiro, e co descontento da veciñanza, e claro, tamén do noso.
Infórmate, difunde e achégate contra a especulación inmobiliaria e a defensa dos espazos autoxestionados!"

Deixamos tamén a dirección do blogue do C.S.O. Casa do Vento, ademáis, claro está, de chamar á solidaridade para axudar no que sexa posíbel a este centro social autoxestionado:
http://casadovento.blogaliza.org/

miércoles, 7 de noviembre de 2012

PRÓXIMAS ACTIVIDADES




Informamos das próximas actividades que se celebrarán no CSO Liceo.
O vindeiro sábado día 10 de Novembro ás 18:00 terá lugar unha charla sobre o abuso do ritalín durante a infancia, que estará integrada nas "xornadas anarquistas itinerantes galegas, Novembro negro". 
Deixamos un pequeno resumo dos contidos:

"A ritalinización da infancia. Abuso de estimulantes no tratamento do TDAH, por Lois, farmacéutico, membro da Xuntanza Antiprohibicionista
O compañeiro Lois acercaranos a esta problemática que, para a maior parte da xente, resultará descoñecida, o control por parte do Estado das mentes dos individuos producida de maneira máis agresiva e atinxindo aos primeiros estados das nosas vidas. Explicaranos que unha das formas que asume é a patoloxización do comportamento distinguido ou molesto. O que hoxe chamamos "problemas" cos meniños e meniñas acostumaba a se aceptar como trazos normais da infancia. O meniño impulsivo, espontáneo ou audaz é diagnosticado como hiperactivo (TDAH), e se lle administran remedios como o Ritalin para domalo. Debatiremos se non se abusa do Ritalín para refrear a meniños e meniñas dinámicos que non teñen realmente tal trastorno, senón que moitas das características que se din ser sintomáticas desa suposta doenza non son outra cousa que a defensa dos miúdos contra unha vida demasiado estruturada."

E a partires das 22:00 terá lugar un concerto cós grupos "Bonnie,s Garage" (grunge-Vigo http://www.myspace.com/bonniesgarage) e Takikardia (ska-punk, Barcelona  http://es.myspace.com/takikardiagrup).
Ademáis ó longo dos vindeiros días trataremos de poñer en marcha un obradoiro de teatro, e outro de percusión, polo que agradeceríamos que ós interesados en participar en cada un deles nolo comunicasen ó seguinte correo electrónico:  csoliceo@hotmail.com

Un saúdo